A Vida en Cores

Imaxinade un mundo sen cor, como si caeras nunha desas vellas películas en branco e negro, onde todo se ve nunha escala de grises: a paisaxe é gris, como os coches, a roupa, os ollos do amante, a comida. Non sentirías a frescura do mar, a calor do sol, a paixón do amor, , a tristeza da morte… Todo eses sentimentos estoupan cunha pincelada de cor, porque, cando te levantas pola mañá e ves o ceo azul, cun sol radiante, non te sentes mellor? Non ves a vida con máis optimismo?

Mesmo algúns científicos, ao pensar no nome co que bautizar aos novos elementos químicos que se ían descubrindo, foron incapaces de subtraerse á atracción da cor como o seu resgo máis distintivo. Por exemplo, se o cloro recibe ese nome é pola súa cor verde, ou o iodo, que é violeta. (Os nomes desas cores en grego).






Cando xa o noso alumnado estaba negro de tanto traballo, e ían poñéndonos verdes polas esquinas, déronse conta de que non todo era de cor de rosa, que facía falta pasalas moradas para poñer todo negro sobre branco. Xa que estabamos, decidimos facer un estudo sobre as expresións coloquiais que nas nosas linguas fan alusión ás cores.






Agora ponte a proba:



A importancia das cores, o seu valor emocional, é ben coñecido dende sempre polos artistas, e mesmo deu lugar á cromoterapia. Os publicistas usan as cores como reclamo, dado que despertan en nós determinadas sensacións, provocando unha reacción que nos impulsa a consumir compulsivamente.







Publicacións populares deste blog

Introdución